#24 | Este programa contén cantidades inxentes de perexil

Xubi segue arrastrando un sospeitoso “catarro“ que parece que quere vivir con e en el de por vida, mentres coordinase con Carlos para darlle unha puñalada a modo de brincadeira ao compañeiro Miguel que relataremos hoxe. Como vedes as loitas de poder no núcleo fundacional mekemeke continúan e medran cada día. Carlos recruta unha mekemeke máis. Trátase da primeira mekemeke internacional que se encontra ao outro lado do océano. Karina Espinoza, unha rapaza costarriqueña que se deu a coñecer nos últimos anos por comezar a chiar e a falar galego polas redes sociais. Falamos, entre outras cousas, o por que de como comezou a interesarse pola nosa lingua. Unha historia promete sal seo do bo. Miguel, co éstreno a volta da esquina do filme que pechará a nova triloxía dos nosos queridos dinos, quere traer a última teoría paleontolóxica para responder a unha das grandes preguntas dos nosos predecesores: por que os T-Rex teñen os braciños tan curtos? Ademais, como nunca sería un bo programa mekemeke se nos se menciona os nazis: sabiades que os nazis fixeron a primeira videochamada da historia? Iso si que é maxia nazi da boa. E finalmente Xubi esta moi cocinitas e quere coller a tixola polo mango para falar de Karlos Arguiñano até o punto de que acabamos xogando a un xogo de cartas culinario mentres soan en bucle as brincadeiras deste famoso cociñeiro vasco ao que tamén nos gustaría traer algún día ao exército.
Back to Top